Mozos e maiores de Rianxo estreitan lazos ó abeiro do programa ‘Talento Interxeracional’

RIANXO> O centro de día de AGADEA en Rianxo e os alumnos do IES Félix Muriel participan no programa Talento Interxeracional que promove a Dirección Xeral de Xuventude. Este proxecto busca conectar as xeracións máis novas coa terceira idade a través de experiencias compartidas moi enriquecedoras.

A directora Xeral de Xuventude visitou o centro de día de AGADEA en Rianxo que participa no proxecto  Talento Interxeracional. Trátase dunha iniciativa que favorece o contacto entre os mozos e a terceira idade.

Os participantes neste programa, tres mozos e tres mulleres de idade avanzada, destacaron o enriquecedor que resultou o intercambio de experiencias polo que xa están desexando repetir.

AGADEA beneficiase este ano dunha achega de 20 mil euros a través da liña Talento Interxeracional para desenvolver este tipo de accións que buscan a conexión das diferentes xeracións na busca dunha sociedade máis cohesionada e solidaria.