RIBEIRA> Nese camiño o Concello vén de sacar a licitación novos avances en administración electrónica que buscan unha maior comodidade para os veciños nos seus trámites.
Ese é o principal obxectivo do executivo local. A través da implantación de novos servizos na administración electrónica busca tamén a simplificación de trámites, menos gasto de papel e maiores prestacións para os veciños. Entre as melloras que se inclúen neste novo expediente de contratación figuran aspectos como de xestionar unha solicitude de cita cun departamento do Concello ou mesmo a creación dunha nova sede electrónica.
A iniciativa, que o Concello pretende que estea operativa nun período de medio ano a contar dende a adxudicación do contrato, está cofinanciada nun 80% co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e enmárcase dentro do obxectivo temático 2 Ribeira Intelixente da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado ‘Máis Ribeira Atlántica 2020’.