A reitora da USC visita ós alumnos do IV Ciclo de Ribeira

RIBEIRA> A reitora da Universidade de Santiago mantivo un encontro cos alumnos que cursan o cuarto ciclo en Ribeira. Trátase da primeira visita oficial de Rosa Crujeiras ó seu concello natal dende que fora elixida máxima responsable da Universidade compostelá converténdose na primeira muller en ostentar este cargo.

Tras facer historia o pasado mes de abril cando foi proclamada nova reitora da USC, a ribeirense Rosa Cujeiras realizou a primeira visita oficial ó seu concello natal.

Ademais de ser recibida pola alcaldesa e outros membros da corporación, a reitora mantivo un encontro con medio cento de alumnos que cursan o cuarto ciclo da USC no Centro Cultural Lustres Rivas, un programa que converteu a Ribeira na primeira sede externa da USC.

Precisamente, o concello de Ribeira é pioneiro na formación de adultos posto que o Programa Camiños de Coñecemento e Experiencia para maiores de 50 anos iniciará este venres a súa décima edición.