A Pobra e Porto do Son prepáranse para as novas restricións

A POBRA> A Pobra do Caramiñal e Porto do Son súmanse ós 60 concellos en toda Galicia en nivel máximo. Ata o de agora estes dous concellos mantíñanse fóra dos municipios con máximas restricións. A partir desta noite quedarán pechados perimetralmente como a maioría de concellos limítrofes.

Porto do Son e a Pobra do Caramiñal pasan ó nivel máximo de restricións que entrará en vigor a partir desta noite. A medida apenas suporá cambio algún con respecto á situación anterior. Entre as principais novidades que se adoptarán estará que só se permiten reunións de catro persoas como máximo e o seu peche perimetral.

Os que si o van a sentir serán os hostaleiros. Ós que se lles obrigará o peche dos locais ás seis da tarde e só se poderá atender nas terrazas.

Na Pobra seguen preocupados pola situación. A día de hoxe contan con 36 casos activos, polo que cómpre non baixar a garda.

Mañá está previsto que o Sergas inicie un cribado ó sector ligado ó comercio, que se suma ó xa realizado a pasada semana ó sector hostaleiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí