Teatro e cine integran a axenda cultural da Pobra para os primeiros meses de 2022

A POBRA> A Pobra acollerá nos meses de xaneiro e febreiro diversos espectáculos en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Teatro e cine compoñen o programa que se desenvolverá cada domingo no Teatro Elma.

O ciclo de teatro desenvolverase tódolos domingos ata fin de mes, a partir das sete da tarde no Cine Elma. O programa componse de tres funcións. Comezará o día 16 con ‘Botando a lingua a pastar’ con Cándido Pazó. O domingo 23 tomaranlle o relevo de Pedro Brandariz e Triana eque levarán a escena unha parodia sobre o actual sistema de saúde coa obra ‘‘Por Vía oral’

Pechará o teatro, a función ‘Dous no Camiño’ con Fran Rei e Isabel Risco, o día 30 de xaneiro. En febreiro tocaralle a quenda ó cinema con dúas longametraxes ambientadas en dous puntos emblemáticos da nosa xeografía como son as illas de Ons e de Sálvora.

Aínda que tódolos espectáculos son de balde será necesario facer reserva previa na casa da cultura ou chamando ó teléfono 981 831545.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí