BOIRO> A Asociación Boirense de Empresarios dará esta fin de semana o pistoletazo de saída á súa campaña de Nadal máis ambiciosa. Repartirá máis de tres mil euros en premios. Contará ademais coa colaboración do concello que organiza diversas actividades de animación para dinamizar as rúas comerciais.
Máis de 200 establecementos sumaranse á campaña de Nadal que arranca este sábado en Boiro. A ABE investirá 25 mil euros nesta iniciativa que non suprá custo algún para os asociados. Baixo o lema ‘Tódolos días teñen premio’ repartirá 100 euros diarios entre o 7 de decembro e o 5 de xaneiro. Ademais dos sorteos haberá agasallos en forma de bolsas de algodón e bombóns e o día 21 os nenos recibirán a visita de Papá Noel.
Os establecementos participantes disporán de cartas para que os cativos poidan escribir ós Reis Magos e entra tamén no sorteo de tres bonos especiais. Xunto con tódalas actividades organizadas pola ABE o concello programou tamén unha ampla oferta cultural que dará comezo xa este venres co acendido do alumeado.
Haberá tamén durante todo o Nadal, inchables, espectáculos de animación de rúa e diversos festivais organizados en colaboración coas asociacións do municipio. A visita das Raíñas Magas o día 4 e a cabalgata de Lampón o 5 pecharán a programación de Nadal.











