Dez concellos do Barbanza súmanse ó plan de prevención de incendios forestais da Xunta

BARBANZA> O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, mantivo un encontro por videoconferencia cos alcaldes do Barbanza para analizar o programa de prevención e defensa contra incendios forestais. En total, serán dez os municipios da comarca que participen neste plan.

Dez concellos do Barbanza adheríronse ó convenio para a prevención de incendios forestais. Boiro, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Serra de Outes, A Pobra, Porto do Son, Rianxo e Ribeira contarán cun total de trece brigadas integradas por sesenta e cinco axentes e sete motobombas. Estes equipos realizarán tarefas de limpeza previr os incendios forestais en espazos catalogados de especial risco. Tamén están preparados para colaborar na extinción dos lumes no caso de que se produzan. Tódolos concellos contarán cunha brigada agás Muros, Noia e Rianxo que disporán de dous equipos integrados por cinco axentes cada un.

Durante a xuntanza, Ovidio Rodeiro lembrou tamén que o pasado ano a Xunta asinou unha addenda ó convenio de protección das aldeas subscrito con Seaga e a Fegamp para previr os lumes nas proximidades dos núcleos de poboación mediante a xestión da biomasa nas chamadas faixas secundarias. Segundo o delegado, a prioridade seguen a ser as parroquias de alta actividade incendiaria pero tamén se están a habilitar recursos para a limpeza das faixas secundarias co fin de poñer en valor as terras para proxectos agrogandeiros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí