Boiro, á cabeza do Barbanza en doazóns de sangue

Boiro acollerá ó longo desta semana unha campaña especial  para fomentar as doazóns de sangue. O municipio sitúase á cabeza do Barbanza en número de doazóns, superando en 34 puntos a media galega.

A Deputación da Coruña pon en valor os produtos locais da nosa gastronomía a...

Poñer en valor non só a nosa gastronomía senón ós produtores locais que aportan a mellor materia prima. Este é o obxectivo de Saudade, o proxecto desenvolvido pola área de Turismo da Deputación da Coruña, que reúne na provincia a 13 cociñeiros con estrela Michelín.

Noia prepárase para revivir o seu pasado medieval

NOIA> É unha das celebracións con maior repercusión das que se celebran na vila, xunto coa festa de San Marcos, razón pola que o Concello...

O concello de Ribeira volve demandar maior dotación de axentes da Policía Nacional

O concello de Ribeira volve demandar ó goberno central o incremento de axentes da Policía Nacional na comisaría de Ribeira. De xeito paralelo, procedeu á incorporación de 8 auxiliares de policía local que prestarán servizo no municipio ata finais de ano.

Arranca en Lousame unha nova busca dos restos de Manuel García Hermo

Este luns arrancará no cemiterio de Vilacoba, en Lousame, a busca dos restos de Manuel García Hermo, ribeirense represaliado tralo golpe do 36. A exhumación será levada a cabo por un equipo multidisciplinar coordinado polo prestixioso antropólogo forense Fernando Serrulla e o arqueólogo Andrés Bonilla. Os traballos serán financiados pola Deputación da Coruña, a través da área de Dereitos Civís, coa colaboración da Federación Española de Municipios e Provincias.

Noia estrea albergue de peregrinos na Chainza

Unha vez rematada as obras, e listas xa para o seu uso, o concello de Noia estuda como xestionar as novas dependencias do albergue da Chaínza. A idea que manexa o executivo local é deixalas en mans dunha asociación que rexenta este tipo de instalacións noutras zonas de Galicia.

Fabiola García pon en valor a contribución de AMICOS á conservación do medio mariño

A Conselleira de Política Social coñeceu os numerosos proxectos medioambientais que ten en marcha a asociación AMICOS. Ademais da visita ó centro ocupacional de Comoxo, tivo ocasión de desprazarse ata Sálvora para participar nunha xornada de recollida de lixo mariño.

O Museo Valle-Inclán amplía a súa oferta de visitas comentadas durante o verán

O Museo Valle-Inclán oferta visitas comentadas ó longo de todo o verán. Nestes encontros divulgativos, os asistentes poden achegarse ós valiosos fondos documentais que alberga o centro así como coñecer a historia da Torre de Bermúdez declarada Ben de Interese Cultural.

Sete formacións musicais integran o cartel do Bolo Fest que se celebrará en Noia...

Noia acollerá o sábado 26 de xullo o Bolo Fest. Esta romaría contará este ano cun cartel musical moi amplo integrado por sete formacións locais. Entre elas, Puerta Cuatro, A Banda do Lara ou Sara e Majos.

Máis de 500 peregrinos participarán na 39 edición da Traslatio que parte este domingo...

Máis de 500 peregrinos rememorarán este domingo a ruta xacobea da Traslatio, a orixe de tódolos camiños de Santiago. Partirá nesta trixésimo novena edición dende o club náutico de Boiro

REDES SOCIAIS

40,739FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete