O Palma Futsal medirase ó Noia no VIII Trofeo Noia Portus Apostoli

NOIA> As instalacións do Casino noiés acollían esta mañá o acto de presentación da oitava edición do Trofeo Portus Apostoli.

A cita, xa todo un clásico de pretemporada, traerá á vila de novo un encontro do máximo nivel do fútbol sala, ó enfrontar ó equipo local, o Noia Fútbol Sala e o Palma Futsal. Será ás oito da tarde no pavillón Agustín Mourís.

Na presentación do Torneo, co que colabora o Concello, tamén tomou parte a edil de Deportes, Sandra González, e o alcalde, Francisco Perez.

Este último destacou a importancia do encontro, que reunirá a dous equipos do máximo nivel do fútbol sala nacional.

Dende a organización agardan unha numerosa presenza de afeccionados ese día nas gradas. As entradas xa están a venda na propia plataforma online do Club noiés ou ben no seu local social, situado na rúa Carcasía.

De non cubrirse as expectativas previstas, e haber entradas dispoñibles, o mesmo día do encontro poñeranse á venda nas propias portas de acceso ó pavillón.