RIBEIRA> A Deputación da Coruña destinará máis de 200 mil euros para a renovación integral da ría Cristóbal Colón en Ribeira. O vicepresidente do organismo provincial comprometeuse a axilizar a tramitación do convenio co concello para que poida ser aprobado polo pleno da corporación provincial nos próximos meses.
O vicepresidente da Deputación da Coruña desprazouse esta mañá ata o concello de Ribeira onde mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde e outros membros do executivo. Un dos principais asuntos tratados foi a axilización do convenio para a mellora da accesibilidade na rúa Cristóbal Colón que a corporación provincial aprobará nos próximos meses. Suporá un investimento próximo ós 300 mil euros entre as dúas administracións para a renovación integral desta vía que presenta un avanzado estado de deterioro.
Outras das demandas que lle transmitiron os responsables do goberno local foi a necesidade de contar cun segundo tractor para facilitar os labores de roza e limpeza de maleza.
Durante a xuntanza, abordaron tamén as necesidades que presentan outros treitos da rede provincial de estradas ó seu paso polo termo municipal.
Así mesmo, de cara ó futuro avanzaron na colaboración en materia de turismo, ante a necesidade de regular o estacionamento de autocaravanas, e xestión forestal apostando por políticas de prevención de incendios.











