POBRA> O lume orixinábase ó parecer, nun dos pisos da primeira planta do edificio.
Foron os propios veciños e residentes no inmoble os que avisaron ós medios de emerxencia que rapidamente se desprazaron o lugar do suceso.
Por fortuna non houbo que lamentar danos persoais. Aínda así, a consecuencia da mesta fumareda foi necesaria a evacuación de varios dos residentes no inmoble, afectados pola inhalación do lume, pero de escasa gravidade.
Unha vez sufocadas as lapas e realizada a ventilación de todo o edificio, a maioría dos residentes xa puideron regresar ás súas vivendas, a excepción do piso ano que se orixinou o lume que foi precintado pola Garda Civil.
Esta mañá axentes da Policía Xudicial achegáronse ó piso para abrir unha investigación e tratar de esclarecer as posibles causas do incendio.











