Noia pon en valor a súa tradición da canto coa segunda edición do ‘En-cántame’
Noia volverá poñer en valor a súa gran tradición musical na segunda edición do Programa ‘Noia En-cántame’. Diversas agrupacións e coros actuarán este sábado na igrexa Santa María a Nova con peche no Coliseo Noela a cargo do grupo A Misela e a agrupación coral ‘Canta por Noia’.
Desartellado un punto de venda de droga en Boiro
A Garda Civil de Boiro desartellou dous puntos de venda de droga na localidade. Foi no marco da denominada operación ‘Regueiro’. O operativo saldouse coa detención de dúas persoas, unha das cales ingresou en prisión.
Rianxo leva investidos máis de un millón de euros en obras de saneamento e...
O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, destaca o importante esforzo inversor realizado ó longo do presente mandato en materia de servizos básicos e mantemento de infraestruturas. Segundo el as actuacións realizadas neste tempo en diferentes zonas do Concello ascendeu a máis de un millón de euros.
O BNG insiste en que a planta de Servia ten futuro
O BNG mantivo esta mañá unha reunión con representantes do comité de empresa da planta de Lousame para interesarse pola situación actual dos traballadores, e analizar, con eles, posibles solucións de futuro para o complexo medioambiental, que a día de hoxe, parecen incertos.
Ribeira reforzará o servizo de limpeza este verán con 5 traballadores
O concello de Ribeira reforzará o servizo de limpeza durante o verán. Ademais da contratación de 5 traballadores máis que se incorporarán ó cadro de persoal a partir do 15 de xuño, aumentarase a frecuencia das limpezas viarias e de contedores.
O Damm de Barcelona faise co Torneo Solidario Congalsa de Fútbol Base
Fin de semana deportivo no Barbanza co Torneo Internacional de Fútbol Base Congalsa celebrado na Pobra. Polo estadio da Alta pasaron as canteiras dos mellores equipos non só a nivel nacional senón que contou tamén con presenza de clubs portugueses. Finalmente, o Damm de Barcelona fíxose co triunfo.
Noia apúntase ao tardeo coa ‘Ruta Dominguera’
Noia apuntase ó tardeo. Catro locais do casco histórico: TBO, La Parra, Gasset e a Adega do Pazo, organizan, en colaboración co Concello, a primeira ‘Ruta Dominguera’. A iniciativa arrancará xa este vindeiro domingo con actuacións en directo e sorteos de agasallos.
O BNG esixe maior compromiso da Xunta para ‘salvar’ a planta de compostaxe de...
O BNG vén de mostrar a súa postura respecto ó futuro da mancomunidade Serra do Barbanza, xa que todo apunta a que está abocada ó peche. Os nacionalistas esixen un maior compromiso por parte da Xunta de Galicia para poder salvar a planta e con ela, ós máis de 130 empregados que a día de hoxe traballan nela.
A Xunta solicita ó concello de Ribeira novos terreos para a residencia ante a...
A Xunta de Galicia solicita ó concello de Ribeira a busca de novos terreos para a futura residencia. Finalmente non poderá emprazarse na parcela das Saíñas por mor dos cambios na normativa estatal ó tratarse dunha zona potencialmente inundable.
Medio Ambiente implica á mocidade na conservación natural a través do concurso ‘Parque Vibras’
As Conselleiras de Medio Ambiente e de Política Social participaron esta mañá na entrega de premios do Concurso Parque Vibras. Os equipos dos tres centros educativos premiados recolleron os galardóns nun acto celebrado no Centro de Interpretación do Parque Natural de Corrubedo.

















