Noia acollerá este domingo a Mini BTT Ría de Noia

NOIA> Noia acollerá este domingo a segunda edición da Mini BTT Ría de Noia organizada pola Peña Ciclista Toxo.

A actividade arrancará ás dez da mañá na zona do monte San Lois.

Destinada a nenos de 3 a 14 anos, haberá un total de cinco categorías, con percorridos acordes ás súas idades, agardándose unha participación próxima ós trescentos nenos.

A actividade conta coa colaboración do Concello.