Rianxo acolle as xornadas formativas da Rede de Voluntariado Náutico Seguro
Rianxo acollerá esta fin de semana unhas xornadas formativas para voluntariado en deportes náuticos. Os asistentes recibirán un título que os habilita para participar na organización e desenvolvemento de probas deportivas no mar con seguros e desprazamentos cubertos pola Federación Galega de Piragüismo.
Rianxo acorda a cesión dos terreos á Deputación para a futura residencia
A corporación rianxeira acordou no pleno celebrado onte á noite a cesión á Deputación da Coruña da parcela situada en Rianxiño para construír alí a casa de acompañamento de persoas maiores. Dáse así un paso importante para conseguir este importante servizo para o municipio que contará con preto de 60 prazas.
Inclusión e deporte volverán ir da man na Carreira pola Diversidade de AMBAR
Inclusión e deporte son os valores principais que promove a Carreira pola Diversidade de Ambar que se celebrará o 10 de maio en Ribeira. Os fondos recadados nestas proba solidaria destinaranse ó financiamento do Ecosistema de Vivendas inclusivas da entidade.
O Barbanza berra contra a precariedade na atención primaria
Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial da Atención Primaria, o Barbanza sumouse á convocatoria de mobilización de SOS Sanidade Pública para toda Galicia. Esixen máis medios e recursos para garantir unha asistencia de calidade en primaria, evitando así sobrecargar o sistema.
Rematada a terceira fase do saneamento do Conchido
Concluída a terceira fase das obras de saneamento no lugar do Conchido na Pobra. A instalación da rede separativa de saneamento e pluviais dará servizo ás numerosas vivendas na zona e evitará a emisión de vertidos ó mar.
Aparece un cadáver encadeado no porto de Ribeira
A Policía Nacional investiga a aparición dun cadáver no porto de Ribeira. O corpo foi achado esta mañá amarrado cunha cadea a unha escaleira de baixada. Polo momento, non se descarta ningunha hipótese.
O BNG pedirá no Parlamento a axilización das obras da travesía de Palmeira
O BNG levará unha iniciativa ó Parlamento sobre a paralización das obras da travesía de Palmeira. Instarán á Xunta a axilizar os traballos para garantir que se cumpran os prazos de execución co fin de que estean rematados para o verán.
Ribeira reforza a pavimentación viaria e a rede de alumeado municipal
O concello de Ribeira fixo balance das numerosas actuacións de mantemento en materia de pavimentación e alumeado que se viñeron acometendo nos últimos meses. A contía destinada a estas obras menores, acometidas principalmente pola brigada de obras, superou os cen mil euros.
Presentada a XIII BTT Concello de Rianxo
Rianxo acollerá este domingo 19 de abril a XIII BTT Concello de Rianxo. A proba organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo en colaboración co Concello, terá dúas distancias, unha curta de 46 quilómetros e outra longa de 66. Dende a organización agardan superar os 400 participantes.
Un total de 140 pilotos tomarán parte no Rali de Noia’26
Onte pola noite presentábase en Noia unha nova edición, a 40 xa, do Rali de Noia. A cita, unha das máis senlleiras das que se celebran en Galicia, terá lugar os días 17 e 18 de abril. Na proba participarán uns 140 equipos.

















