Ribeira amplía o seu catálogo de fondos documentais cun diploma de 1911

RIBEIRA> Ribeira segue a incrementar o seu catálogo de documentos históricos grazas á doazón dun veciño de Corrubedo. Francisco Otero Lijó entregou ó concello dun diploma de Salvamento de Náufragos datado en 1911.

O afán de Francisco Otero por conservar documentación histórica legada da súa familia xunto co interese do arquiveiro municipal de incorporar novos fondos ó catálogo público culminaron na cesión do documento que hoxe se facía oficial. Trátase dun diploma emitido pola Sociedade Española de Salvamento de Náufragos outorgado en 1911 anos a Epifanio Ventoso, tío avó de Otero, tralo rescate de tres mariñeiros hai hoxe xusto 115 anos.

Unha vez oficializada a cesión procederase á restauración do documento que se atopa moi deteriorado. Ademais do orixinal realizaranse dúas reproducións: unha para o doante e outra para a consulta pública do documento.

Ó igual que o resto de fondos do arquivo municipal tamén se incorporará ó catálogo dixital que conta xa con máis de 6500 rexistros descritivos e preto de 176 mil imaxes dixitalizadas.