‘Merca no teu comercio’ reparte mil euros en premios na Pobra e O Porto do Son

A POBRA> A Pobra acolleu  o acto de entrega de premios da campaña Merca no teu comercio desenvolvida durante a primeira quincena de maio tanto na localidade pobrense como no Porto do Son e Portosín. En total foron 20 os premiados que recolleron os seus vales de compra valorados en 50 euros.

As asociacións de empresarios da Pobra e de Porto do Son volveron sumarse á campaña ‘Merca no teu comercio’ promovida pola Federación Galega de Comercio en toda Galicia. Entre o 1 e o 15 de maio desenvolveuse nas localidades da Pobra, O Porto do Son e Portosín. Tralo sorteo desenvolvido o 18, hoxe culminaba coa entrega dos premios ós 20 gañadores.

En total, repartíronse mil euros en premios que terán o seu retorno posto que as tarxetas poderán ser empregadas nos comercios participantes.