Deteñen a tres persoas en Noia relacionadas co tráfico de drogas

NOIA> A Garda Civil informou da desarticulación dun punto de venda de droga en Noia e a detención de tres persoas, tres homes e unha muller, no marco da denominada operación ‘Patineta’.

A investigación iniciouse a primeiros de ano tras ter coñecemento da existencia deste punto de droga, ó que, ó parecer, acudían, toxicómanos durante todo o día para mercar a súa dose, o que xeraba unha importante alarma social na zona.

Segundo informaron fontes do propio Instituto Armado, os tres detidos empregaban habitualmente bicicletas ou patinetes, de aí o nome da operación, para a entrega dos estupefacientes, tratando así de dificultar a labor policial.

No rexistro efectuado na súa vivenda, os axentes atoparon tamén numerosos obxectos procedentes de roubos cometidos pola zona, entre os que se atiopaa unha caixa rexistradora subtraída días antes nun establecemento hostaleiro da localidade, valorada nuns dez mil euros.

Boa parte dos efectos intervidos xa lle foron devoltos ós seus lexítimos propietarios, e outros seguen nas dependencias policiais para seren reclamados.

Os tres prendidos están acusados dun presunto delito contra a saúde pública e outro de receptación de efectos roubados.