Manuel Losada presentará a súa última novela no Pazo de Goiáns

BOIRO> O Pazo de  Goiáns acollerá este venres a presentación do último libro de Manuel Losada. ‘La Sombra de Carmen’ dá continuidade á saga iniciada con ‘El Banco de Carmen’; unha historia de intriga ambientada en Boiro.

O escritor Manuel Losada presentará en Boiro a súa última novela ‘La Sombra de Carmen’ Trátase da segunda entrega desta historia ambientada en Boiro trala publicación de ‘El Banco de Carmen’ que dará resposta a moitas das intrigas que permanecen nos lectores.

O acto de presentación terá lugar este venres ás oito da tarde no pazo de Goiáns.