RIBEIRA> Pasaba das seis da tarde. Un vixilante do porto alertaba ó 112 do inicio dun incendio nun camión estacionado no peirao da localidade, nas inmediacións da lonxa vella.
Á espera da chegada dos bombeiros, as lapas devoraban con gran voracidade a cabeza tractora do trailer, vivíndose momentos de gran tensión, ó temerse que puidera propagarse a outros vehículos estacionados nas proximidades.
Aínda así a rápida intervención dos bombeiros dos parques de Ribeira e Boiro evitou que fóra a máis.
Pero a pesar dos esforzos a cabina do camión quedou totalmente calcinada.
Á espera dos resultados da investigación para determinar a orixe do incendio, todo apunta a que puidera ser intencionada.
Sobre o trailer pesaba un embargo e levaba xa meses abandonado nese lugar. Nun primeiro momento, aínda que logo se descartou, temíase que houbera alguén no seu interior, pois segundo informaron varias testemuñas, persoas sen fogar adoitaban durmir no vehículo.
Ademais dos bombeiros, no operativo participaron tamén membros do Grupo de Atención ás Emerxencias Municipal e efectivos da Policías Local, Nacional e Portuaria.











