RIBEIRA> Un mes despois do anuncio da cesión do contrato das obras da travesía de Palmeira,a nova adxudicatario tomou posesión da obra. Esta mañá comezaban coa instalación da maquinaria e caseta de obras para retomar os traballos e poñer fin ás molestias que denunciaban veciños e empresarios da zona.
Responsables municipais e técnicos da nova empresa adxudicataria reuníanse esta mañá a pé de obra para instalar as casetas de obra e os balados que permitan retomar os traballos de mellora da AC-305 ó seu paso por Palmeira.
As obras comezaran en marzo de 2025, cun investimento de tres millóns de euros financiados pola Xunta, para a humanización da travesía. Sen embargo, os problemas económicos da empresa concesionaria implicaron unha serie de retrasos que concluíron na paralización dos traballos ata que se viu obrigada a renunciar ó contrato. Xunta e concello trataron entón de axilizar o procedemento de cesión para continuar coas obras co fin de evitar maiores molestias a residentes e comerciantes así como finalizar canto antes a infraestrutura que debería entrar en servizo este verán.











