Ribeira acollerá a III Andaina Solidaria de BarbanTEA

Ribeira acollerá a terceira edición da andaina solidaria da asociación BarbanTEA. Coa cita, que terá lugar o domingo 12 de abril , a entidade busca recadar fondos para o trastorno do espectro autista.

Medio Rural inviste 80 mil euros en dous peches gandeiros da Comunidade de Montes...

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, achegouse esta mañá á parroquia rianxeira do Araño para supervisar dous peches gandeiros realizados pola Comunidade de Montes en dúas localización, nas zonas de Buía e Campelo. A actuación contou cunha achega da Xunta duns 80 mil euros.

O BNG reclama a mellora da accesibilidade no centro de saúde de Corrubedo

O BNG de Ribeira pide a construción dunha rampla no centro de saúde de Corrubedo para garantir a accesibilidade do inmoble. Na actualidade conta cunhas escaleiras na área administrativa que dificultan o acceso ás persoas con mobilidade reducida.

Os 1000 euros da campaña do Día de Pai de Ribeira xa teñen gañadora

A Asociación de Empresarios de Ribeira entregou esta mañá o premio á ganadora da campaña do Día do Pai. Anuska Enríquez recolleu o cheque de mil euros para gastar nun só día no comercio local. Estivo acompañada por Uxía Núñez, da cafetería Odelas, quen repartiu o boleto gañador.

Rueda preside en Porto do Son a entrega dos novos vehículos do Servizo de...

O presidente da Xunta desprazouse esta mañá a Porto do Son para facer entrega de doce furgonetas ó Servizo de Gardacostas de Galicia. Durante o acto, no que estivo acompañado pola conselleira do Mar, Marta Villaverde, destacou esta nova adquisición por parte da Xunta, que permitirá modernizar a flota de vehículos para reforzar o servizo de vixilancia por terra.

Galiza Nova oponse á instalación do monolito do Centenario

Galiza Nova realizou esta mañá un acto simbólico de protesta no monolito da praza do Centenario de Ribeira. Denuncian con esta acción o branqueamento da monarquía, unha institución de cualifican de anacrónica e antidemocrática.

A Pobra convida a descubrir o seu patrimonio histórico e natural

A POBRA> A Pobra ofrece esta Semana Santa unha alternativa de ocio para os visitantes. As actividades relixiosas complementaranse cunha oferta de turismo mariñeiro,...

Mar recolle as demandas da confraría de Porto do Son

A conselleira do Mar mantivo esta mañá un encontro con representantes da confraría de Porto do Son. Ademais de visitar as instalacións da lonxa, analizou co patrón algúns proxectos de próxima execución como a posta en marcha dunha aula formativa para garantir a remuda xeracional.

A flota considera insuficientes as axudas ó combustible

A flota galega analiza as axudas ó combustible aprobadas polo goberno central. Consideran escasa a subvención de 20 céntimos por litro tendo en conta que o prezo do carburante xa se ten duplicado

O BNG de Ribeira propón unha partida de 5.000 euros para campañas de castración...

O BNG de Ribeira demanda ó goberno que habilite unha partida para castración de colonias felinas. Neste sentido, demandan que lle dean continuidade ó traballo desenvolvido durante o seu mandato na área de Benestar Animal.

REDES SOCIAIS

40,724FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete