A andaina contra o cancro de Ribeira terá lugar o domingo 16 de maio

RIBEIRA> Ribeira volverá a tinguirse de verde, a cor da esperanza, este vindeiro sábado 16 de maio coa celebración da quinta edición da andaina da xunta local da Asociación Española Contra o Cancro.

 polo paseo marítimo de Coroso.

Ó remate da andaina, farase a habitual homenaxe, este ano á Asociación de Veciños de Carreira.

Dende o Concello, que colabora coa iniciativa fan un chamamento a participar na proba, ben de forma presencial ou ben a través do dorsal cero, xa que todo o recadado será destinado á investigación contra a enfermidade.

As persoas interesadas en participar na andaina poderán inscribirse na propia sede da entidade, na rúa Estatuto, ou o mesmo día da proba, xa que durante toda a xornada se organizarán actividades paralelas con mesas informativas e venda de ‘merchaindising’ e se realizarán varias exhibicións, unha de kempo do ximnasio Cardalda e outra de  zumba a cargo do colectivo Mimarte.