RIANXO> Rianxo acollerá esta fin de semana as regatas de traíñas de veteranos nas categorías masculina e feminina. A proba, enmarcada na Liga Galega, reunirá a un total de 16 tripulacións de toda Galicia.
O remo veterano darase cita este sábado en Rianxo cunha nova xornada da Liga Galega de Veteranos que se disputarán a partir das catro e media da tarde. Será a quinta edición da regata feminina e a a decimo segunda no que respecta ós equipos masculinos.
As probas reunirán a 16 equipos, dez participantes na masculina e 6 na feminina, procedentes de toda Galicia.
As tripulacións locais aspiran a facerse coa bandeira, entre eles, o equipo de veteranas de Rianxo que debuta este ano en competición.











