RIBEIRA> Da man da asociación de hostalería Rúa do Sal, que engloba a cinco locais hostaleiros que se asentan nesa emblemática rúa de Ribeira, presentábase a segunda edición do ‘Chopo Saleiro’, unha iniciativa gastronómica que terá lugar o vindeiro 23 de maio.
A proposta busca poñer en valor un produto coma o chopo, con enorme tradición na localidade que os locais participantes prepararán de varias formas.
Para poder realizar o evento, a entidade botará man tamén da colaboración da confraría de pescadores e da propia lonxa que fornecerán ó redor duns 140 quilos deste cefalópodo.
Dende o Concello, que colabora con esta iniciativa, destacaron a importancia da proposta, que terá tamén un carácter solidario, xa que tódolos fondos recadados serán destinados á asociación Galega de ELA é ó Club de Remo Ribeira.
Pero ademais do aspecto gastronómico, a cita virá cargada tamén de varias propostas musicais ó longo de toda a xornada, con varias actuacións previstas que culminarán coa presentación dun espectáculo visual de ópera rock ‘Camiño do amor’, a cargo do grupo Claxon e no que tomarán parte tamén diversos artistas, entre eles o propio Toñito de Poi.











