RIANXO> Ó longo de todo este mes de maio, o goberno rianxeiro está a levar a cabo diferentes encontros veciñais nas parroquias.
Segundo informou o alcalde, Julián Bustelo, este tipo de xuntanzas son moi positivas, xa que teñen coa principal finalidade explicar ós veciños o traballo realizado polo goberno nestes anos á fronte do Concello, pero tamén para tomar nota das demandas e principais reclamacións en cada parroquia.
Na maior parte dos casos as demandas veciñais refírense a mellora de servizos básicos.
Dende o goberno rianxeiro insisten en que este tipo de encontros terán continuidade máis adiante, co fin de manter un diálogo directo e participativo coa veciñanza











