O presidente da Deputación da Coruña fai balance en Ribeira dos investimentos do POS
O presidente da Deputación da Coruña fixo balance esta mañá en Ribeira do Plan provincial de Obras e Servizos. Dende a súa posta en marcha, este programa leva investidos na comarca do Barbanza máis de 111 millóns de euros.
O PP de Noia denuncia trabas para acceder ó expediente da liquidación da Conta...
O Partido Popular volve a denunciar a constante vulneración do seu dereito ó acceso á información municipal. Acusan ó executivo de non facilitarlle o expediente da conta xeral de 2025 co fin de ocultar a boa xestión dos populares cando ostentaban a alcaldía.
AMICOS implica ó tecido comercial na campaña de concienciación sobre o autismo
AMICOS lanza unha campaña de concienciación sobre o autismo en colaboración co tecido comercial, institucional e educativo de toda a comarca. Baixo o lema ‘Unha rede que inclúe’ a entidade busca visibilizar este trastorno.
Noia adquire unha nova barredora para reforzar os servizos de limpeza viaria
Noia continúa coa súa aposta pola modernización dos equipamentos municipais. Nesta ocasión, o executivo presentou unha das súas últimas adquisicións. Trátase dunha nova varredora de última xeración que supón un reforzo clave para a mellora da limpeza viaria en todo o termo municipal.
Boiro anima a vivir a súa Semana Santa
BOIRO> Boiro foi madrugador para a presentación dos actos da súa Semana Santa. As actividades que se celebrarán entre o 21 de marzo e...
Investigan o roubo nunha perruquería da Pobra a plena luz do día
A Garda Civil e a Policía Local da Pobra investigan a autoría dun roubo con forza nunha perruquería da localidade, situada en pleno casco urbano. Os amigos do alleo accederon ó interior do local rompendo o vidro dunha fiestra lateral. Os cacos levaron todo o diñeiro en metálico que atoparon.
200 participantes daranse cita na Andaina Solidaria Art for Dent
Ribeira acollerá o sábado 21 de marzo a Andaina Solidaria Art for Dent. Esta terceira edición, que agarda reunir a 200 participantes, farase en horario vespertino con saída ás seis e media da tarde dende a praza de España e chegada ó miradoiro da Pedra da Rá coincidindo co Solpor.
O concello de Noia solicita a Costas a desafectación da zona deportiva de San...
O concello de Noia vén de solicitar a desafectación da zona deportiva de San Lázaro. O obxectivo é que os terreos sexan de titularidade municipal para poder axilizar as melloras previstas no estadio e instalacións anexas.
O PP de Noia reivindica a súa xestión
O PP de Noia reivindica a súa xestión e acusa ó actual goberno de querer apropiarse daqueles proxectos encamiñados e mesmo co financiamento aprobado. Santiago Freire cifra en máis de seis millóns e medio de euros as obras en execución ou próximas a iniciarse, froito da xestión do pasado executivo.
Arranca en Ribeira o programa educativo ‘Capitán Mareas’ de Vegalsa-Eroski
A lonxa de Ribeira acolleu esta mañá o primeiro dos talleres do Programa Educativo Capitán Mareas. Trátase dunha iniciativa promovida por Vegalsa-Eroski para dar a coñecer a actividade do sector pesqueiro e fomentar o consumo de peixe entre os máis pequenos.

















