O RCN de Portosín será de novo sede do Campionato de España da clase ILCA en categoría master

PORTO DO SON> Esta mañá presentábase nas instalacións do Real Club Náutico de Portosín o Campionato de España na Clase ILCA na categoría master.

A cita terá lugar a vindeira fin de semana, dende 8 ó 10 de maio. Trátase da segunda vez na súa historia que o club sonense acolle un campionato destas características, unha das citas velísticas máis destacadas do panorama nacional. 

No campionato agárdase unha participación de preto duns cen regatistas, chegados dende diferentes clubs náuticos de toda España.

Entre os participantes referentes da vela a nivel mundial, algún deles campións olímpicos, como é o caso de José Luís Doreste.

Cada xornada no mar incluirá tres probas.

Ademais dos representantes do club sonense, entre os que se atopaba tamén o seu presidente, José Codesido, na presentación tamén tomaron parte a Directora Territorial da consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de la Xunta, María del Mar Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo.