Ribeira avanza no Plan de Sustentabilidade Turística coa licitación de dous novos proxectos
O concello de Ribeira vén de sacar a licitación dous proxectos enmarcados no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino. Trátase da creación dun miradoiro en Punta do Castro e a restauración do lavadoiro da Penisqueira, dúas actuación que suman un investimento próximo ós douscentos mil euros financiados na súa totalidade con fondos europeos.
Detidos cinco boirenses no marco da Operación Zaguanes contra o tráfico de drogas
Detidos cinco boirenses no marco da operación Zaguanes contra o tráfico de drogas. A Garda Civil desmantelou dous puntos de distribución de substancias estupefacientes no centro de Boiro, relacionados ademais cunha serie de roubos e outras actividades delitivas.
O PSOE de Rianxo pide unha mellor xestión do servizo de recollida e control...
O PSOE de Rianxo pide ó goberno unha mellor xestión da recollida e control de animais abandonados. Recolle así as queixas de diversas entidades e asociacións ó respecto de deficiencias no servizo.
Veciños do Xobre demandan a canalización das augas pluviais para evitar escorrentías
Os veciños do lugar da Costa, na parroquia pobrense do Xobre, levan tempo demandando a instalación dunha rede de pluviais. en época de chuvias, as augas procedentes da Garita inundan os viais e camiños da zona impedindo mesmo o acceso ás súas vivendas.
O BNG de Boiro incentiva o consumo no comercio de proximidade
O BNG de Boiro promove unha campaña de dinamización do comercio local. A través de cartelería e folletos informativos animan á veciñanza a facer as súas compras no comercio de proximidade.
Preto de 200 persoas e 6 carrozas integrarán a comitiva da cabalgata de Ribeira
Ribeira organizará un percorrido matutino das súas maxestades a bordo do bus real. A Cabalgata da Tarde incorporará importantes novidades no seu percorrido que por primeira vez pasará polo barrio das Abesadas.
Os Reis Magos volverán percorrer as parroquias da Pobra en convertibles
Como cada ano, os Reis Magos chegarán á Pobra en vehículos descubertos. Tralo seu percorrido polas parroquias, terá lugar a tradicional cabalgata que concluirá cunha recepción real no Pavillón de Venecia.
A caída da produtividade do marisco pon en serias dificultades ás confrarías do Barbanza
As confrarías de Arousa pechan o ano con serias dificultades ante a caída prolongada da actividade marisqueira. No caso de Rianxo, o ERTE finaliza a día 31 e dende a directiva xa barallan medidas para paliar a difícil situación económica que afrontan.
A Deputación fai balance do éxito de MercaNaVila con 16 millóns de euros en...
Éxito rotundo da campaña MercaNaVila da Deputación da Coruña cun total de 16 millóns de euros en vendas. A deputada provincial de Comercio, Rosa Ana García fixo balance desta primeira edición que, de seguro, terá continuidade nun futuro.
Alexandre Otero gaña o Trail de Lousame cunha marca inferior ás dúas horas
O Trail de Lousame bateu este ano tódalas expectativas superando os 500 participantes nas distintas categorías da proba. Alexande Otero e Bea Barroso impuxéronse na carreira longa mentres que Adrián Sesar e Julia Salvado proclamáronse campións do Trail Curto.


















