BOIRO> Polémica no pleno de Boiro tras un mal entendido na votación dunha emenda relativa ó Servizo de Axuda no Fogar. Os concelleiros do Partido Popular solicitaron corrixir o sentido do seu voto. Ante a negativa acabaron abandonando a sesión.
O pleno ordinario de Boiro celebrado a pasado tarde transcorría con normalidade ata o debate do terceiro punto, unha moción relativa ó financiamento do SAF. Un malentendido na votación da emenda presentada por un edil de Boiro Novo motivou a abstención do PP, ó entender que se estaba a votar tan só a emenda e non a proposta dos socialistas.
Ó decatarse do erro solicitaron a repetición da votación, posto que xa manifestaran a súa oposición, pero lle foi denegado.
Tras esta situación que cualifican de insólita, os edís decidiron marcharse a abandonar o pleno acusando ó goberno local de escasa vontade de diálogo e cortesía ó negarse a subsanar un erro que nin sequera cambiaría o resultado da votación xa que a moción sairía igualmente adiante.










