O Xtosín Trail pechará este domingo o Trail Series Arousa Neo

PORTO DO SON> O Xtosín Trail pechará este domingo 22 de febreiro o Circuíto Trail Series Arousa Neo, despois da primeira proba disputada anteriormente en Outes.

A dinámica da carreira será igual á anterior, incluíndo tres distancias: unha longa de 21 quilómetros, outra curta de 15 e unha andaina

Pechadas as inscricións, na proba prevese unha participación de máis dunhas 350 persoas, sumando as tres modalidades da competición.

Dende a organización quixeron agradecer tamén o traballo das distintas entidades que colaboran na proba.