RIBEIRA> O concello de Ribeira celebraba esta mañá unha xunta local de seguridade para abordar a crecente vaga de roubos. Contou coa presenza do subdelegado do goberno na Coruña que, xunto cos responsables locais e dos corpos policiais, avaliou os índices de criminalidade do municipio e as necesidades de reforzo da seguridade.
A pesar dos datos recollidos no balance de seguridade cidadá de 2025, que arroxan un descenso da taxa de criminalidade en Ribeira, o incremento da actividade delitiva nas últimas semanas é motivo de preocupación non só do concello de toda a veciñanza.
Esa vaga de roubos rexistrados en vivendas, comercios e vehículos está vinculada, na súa maioría, a situacións de drogodependencia polo que o concello leva tempo solicitando unha brigada dedicada especificamente o tráfico de estupefacientes.
Máis alá de apelar á manter a coordinación fluída entre os distintos corpos de seguridade, tal e como trasladou a subdelegación do goberno, o concello seguirá a demandar un reforzo de axentes para manter dúas patrullas da policía nacional por quenda.











