A tregua do mal tempo permite axilizar as obras do Campo da Mina

BOIRO> Aínda que condicionadas pola chuvias, as obras do campo de fútbol da Mina, avanzan a bo ritmo. O concello de Boiro agarda que o tempo dea unha tregua para concluír os traballos en prazo e poñer a disposición dos veciños de Escarabote esta instalación deportiva proximamente.

O mal tempo está a condicionar o desenvolvemento das obras públicas que avanzan máis lentamente por mor da chuvia que impide traballar en condicións. É o caso da reforma do campo de fútbol da Mina en Boiro aínda que a obra principal sobre o terreo de xogo está practicamente concluída.

O proxecto, cun orzamento de máis de 600 mil euros con cargo ó POS da Deputación, contempla non só a renovación do terreo de xogo e os servizos do campo senón tamén o acondicionamento dunha parcela anexa, adquirida polo concello, que se habilitará como aparcadoiro.

A pesar dos condicionantes meteorolóxicos, dende o concello agardan cumprir cos prazos e poder poñer a disposición dos boirenses canto antes esta instalación deportiva.