OUTES> Acompañada da directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, e do alcalde, Francisco Calo, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, achegouse esta mañá ata o propio lugar no que se executará a nova senda peonil e ciclista, na zona de Viro.
A actuación, que xa saíu a exposición pública, terá unha lonxitude de algo máis de dous quilómetros, cun investimento total de 1,4 millóns de euros.
A titular de Infraestruturas destacou a importancia da actuación se dará resposta a unha demanda da veciñanza da zona, ó tratarse dunha estrada que conta cunha elevada intensidade de tráfico.
Segundo ela o obxectivo da intervención é facilitar desprazamentos cómodos e seguros.
Un aspecto este o da seguridade, no que tamén incidiu o alcalde, Francisco Calo, quen agradeceu a Conselleira a rápida resposta en acometer esta actuación.
Unha vez rematado o trámite de exposición pública, a Xunta prevé aprobar o proxecto no primeiro semestre deste ano e licitar despois do verán as obras, que van a ter un prazo de execución de aproximadamente un ano.











