O BNG volve a reclamar o remate do proxecto de recuperación ambiental da Ribeiriña

POBRA> A través dunha iniciativa parlamentaria, o BNG da Barbanza volve a reclamar a recuperación ambiental da zona da Ribeiriña coa retirada da antiga nave de Hadasa alí emprazada, culminando dunha vez a actuación de rexeneración realizada pola Demarcación de Costas.

Por esta razón, os nacionalistas instan á Xunta, xa con competencias no litoral dende o ano 2023, a que acometa dunha vez a compra das instalación abandonadas e que se atopan moi deterioradas, para derrubalas e seguir co proxecto de recuperación ambiental integral da zona.

Unha reclamación que os nacionalistas xa lle fixeran ó Goberno da Xunta a través dunha emenda por un importe de 1’2 millóns de euros ós orzamentos deste ano e que non foi tida en conta.

Por outra banda, o BNG tamén lle esixe ó Goberno Central, unha solución definitiva para os vertidos na Ribeiriña, ó ser esta Administración a responsable, a través de Costas, dos traballos de rexeneración, realizados, e que a día de hoxe aínda non foron resoltos.