NOIA> Trescentos participantes daranse cita na undécima edición de ‘Os 100 do Barbanza’, unha das probas de ultrafondo máis esixentes de Galicia. Disputarase entre o 20 e o 21 de xuño cun percorrido de 100 quilometros a través de sete concellos das comarcas do Barbanza e Muros-Noia.
O Casino de Noia acolleu a presentación de ‘Os Cen do Barbanza’ que chega este ano á súa undécima edición. Trátase dunha cita moi esixente a nivel deportivo que porá a proba a capacidade de superación dos participantes que deberán completar os cen quilómetros en 24 horas.
O itinerario destaca pola súa beleza natural, recalando en puntos senlleiros dos sete concellos polo que transcorre o percorrido.
Incluirá dez puntos de avituallamento incluído a cea a e o xantar final a base de mexillón de Galicia, empanada de xoubas de Rianxo, polbo, navallas e tenreira.
As inscricións xa se poden realizar a través da web www.itrekkers.org. Aínda que se agarda unha participación similar á das pasadas edicións, limitada a 300 inscritos, a nova directiva agarda ampliar cada vez máis o número de persoas que se animen a competir nos Cen do Barbanza.










