Satisfacción en Outes polo anuncio da licitación da mellora da estrada DP-6.202

OUTES> A Deputación da Coruña executará a mellora do firme da estrada da súa titularidade a DP-6202 que vai de Outes á AC-400 polo núcleo de Valadares.

A actuación, que se realizará nos primeiros catro quilómetros do vial, conta cun orzamento de licitación de preto dos 530 mil euros.

Ademais da reparación do firme, a obra incluirá tamén a limpeza das beiravías e a roza das marxes,así como á reposición das marcas viarias e á instalación de nova sinalización vertical e das barandas de protección naqueles tramos nos que fora necesario.

Dende o executivo outense valoraron moi positivamente esta actuación, unha vella reclamación do Concello, que recollía as propias demandas da veciñanza, e que virá a mellorar a seguridade viaria na estrada, tanto para o tránsito de vehículos como para os peóns.