As amas de Casa de Ribeira desenvolverán un amplo programa de actividades este Nadal
As amas de Casa de Ribeira organizan durante este Nadal unha serie de propostas festivas e solidarias para toda a cidadanía. Ademais do seu tradicional festival que se celebrará o 27 de decembro, poñerán en marcha un mercado solidario de libros así como unha recepción dos Reis Magos.
Mar analizará co sector o impacto dos recortes dos TAC
A conselleira do Mar tende a man ó sector pesqueiro na busca de medidas para mitigar o impacto do recorte nos TAC. A redución de cotas en especies como o lirio e a xarda implicará importantes prexuízos non só para os produtores senón para toda a cadea mar-industria.
A consellería do Mar limita a só tres días a extracción de vieira en...
Esta mañá arrancaba a campaña da vieira na ría de Arousa. Foi un arranque limitado e controlado pola consellería do Mar e previamente consensuado coas dúas confrarías autorizadas para a extracción desta especie, como son Cambados e Rianxo. A campaña reducirase unicamente a tres días, dende hoxe ata o venres 19, cun máximo de 7.500 quilos de vieira para os dous pósitos.
Portos cede ó Concello a parcela a carón do auditorio que será empregada como...
Portos de Galicia cede ó concello de Rianxo unha parcela de seis mil metros cadrados a carón do auditorio municipal que será empregada como aparcamento público. Así o anunciou a conselleira do Mar, Marta Villaverde, durante unha visita á zona na que estivo acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez.
O partido solidario en favor de Cáritas volverá enfrontar a curas contra gardas civís
O campo municipal de Vista Alegre acollerá este domingo un partido de fútbol moi singular. A Garda Civil medirá forzas contra o clero nun encontro benéfico no que tódolos fondos recadados irán destinados a Cáritas Parroquial.
Os numerosos achados no Castro da Croa amosan a importancia defensiva do xacemento
A escavación desenvolvida a pasada semana no Castro da Croa revelou importantes datos sobre este xacemento. Os vestixios achados indican que estivo longamente ocupado e contou cunha extensa actividade.
A Pobra reparte 1200 caramiñas no primeiro sorteo da praza de abastos
Os sete afortunados gañadores do primeiro sorteo de caramiñas da praza de abastos da Pobra recollían esta mañá os seus vales. Poderán trocalos nos distintos postos do mercado pobrense ata o día 24.
Avanzan as obras de reforma da futura casa de cultura de Boiro coa demolición...
As obras da nova casa de cultura de Boiro, que se están a executar estes días, tiveron hoxe un avance importante, coa demolición da vella estrutura do edificio. Os traballos foron seguidos de preto polo Delegado do Goberno, Pedro Blanco, que se achegou a Boiro para comprobar a marcha dos mesmos.
A gardería da Tomada amplia a súa capacidade ata as 80 prazas
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, asistiu esta mañá á inauguración da ampliación da escola infantil do parque empresarial da Tomada, na Pobra. A actuación realizada contou cunha achega da Xunta duns 240 mil euros. As obras levadas a cabo permitiron dobrar a súa capacidade ata acadar as 80 prazas.
A Xunta financia a adquisición de tres embarcacións para o Club Piragüismo Rías Baixas
A delegada territorial da Xunta na Coruña visitou esta mañá a sede do Club de Piragüismo Rías Baixas en Boiro. A entidade resultou beneficiaria de diversas liñas de axuda autonómicas para a adquisición de novas embarcacións e o patrocinio en alta competición.

















