O executivo noiés mellora os servizos básicos en Albariza

NOIA> O executivo noiés iniciou hai uns días en Albariza diversas obras que permitirán dotar a este núcleo de nova rede de saneamento, incluíndo tubaxe separativa de pluviais e fecais.

A actuación conleva tamén a conexión á rede de abastecemento de auga.

Unha das peculiaridades desta obra é que está a ser realizada mediante a vía de Administración, polo que é apropia brigada de obras municipal a que se encarga da súa realización, cun importante aforro económico para o Concello.