A Pobra celebrará as Xornadas Muller e Ciencia con actividades para todos os públicos

POBRA> A Pobra volverá a celebrar as Xornadas Muller e Ciencia, que chegan este ano a súa décimo primeira edición. Será a vindeira semana, do 9 ó 13, con diversas actividades.

Unha das máis destacadas será a charla que terá lugar o día 11, coincidindo ademais co propio Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, a cargo da matemática da USC e divulgadora científica, Elena Vázquez Abal, que será retransmitida en liña.

Durante toda a semana desenvolveranse tamén outras actividades dirixidas a escolares.