O BNG demanda a transferencia das vivendas da Sareb á administración pública

O BNG levará unha iniciativa ó Congreso para reclamarlle ó Goberno Central a transferencia das vivendas da Sareb en Ribeira, e poder así dispor dun parque de vivenda pública. Dende a formación frentista incídese na necesidade de vivenda protexida no municipio, onde a mocidade ten serias dificultades para poder emanciparse.

O futuro da pesca, a debate en Ribeira

Ribeira acolleu esta mañá a V Xornada de Pesca organizada pola Sociedade Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia. Representantes de diversos segmentos do sector pesqueiro debateron sobre os retos do futuro que marcarán o próximo fondo marítimo –pesqueiro.

O luns arrancará o servizo municipal de Madruga en oito centros educativos de Ribeira

O concello de Ribeira dá marcha atrás e comprométese coas Anpa’s a manter o servizo de madrugadores dende o vindeiro luns 14 de setembro. Segundo explicou a propia alcaldesa, María Sampedro, todo se debera a un malentendido, afirmando que dende o Concello sempre apostaron pola conciliación.

A Pobra afondará no seu pasado cunha nova edición das xornadas ‘A Pobra no...

A Pobra volverá poñer en valor a súa historia e patrimonio cunha nova edición das xornadas ‘A Pobra no Tempo’ que se desenvolverán entre o 26 e o 27 de setembro. Ademais de conferencias e mesas redondas, o programa inclúe unha saída polo litoral do Xobre.

Avanzan os traballos sobre o terreo para licitar as obras do polígono de Ribeira...

Satisfacción en Ribeira ante o avance dos traballos sobre os terreos do futuro polígono industrial. Técnicos de Xestur realizan estes días as medicións e catas topográficas previas á adxudicación da actualización do proxecto que se atopa xa en fase de licitación.

A conselleira de Política Social colabora con AMICOS na recuperación dos fondos mariños

A conselleira de Política Social acompañou ós usuarios de AMICOS nunha xornada medioambiental desenvolvida nas inmediacións da Illa de Sálvora. Fabiola García participou na solta de laminarias enmarcadas no proxecto de recuperación dos bosques mariño que ten en marcha a entidade.

Boiro Novo denuncia un novo retraso na reforma do centro social do Cabo de...

Boiro Novo denuncia o que será un novo retraso na tan ansiada reforma do centro social de Cabo de Cruz, ó quedar deserta a licitación, xa que ningunha empresa se mostrou interesada en facerse coa obra. Dende a formación culpan ó equipo de goberno da situación, máis preocupado, segundo eles, na propaganda que en executar a obra.

Boiro avanza na recuperación dos núcleos tradicionais coa renovación integral do rueiro de Runs

Iniciadas as obras para o acondiconemtno de rueiros no lugar de Runs, en Boiro. O alcalde e o concelleiro de Obras supervisaron o inicio dos traballos que, xunto coa intervención en San Mauro, suporán un investimento de preto de 430 mil euros, financiados con  cargo ó Plan Único da Deputación da Coruña.

O ‘Xixí’ recibirá este sábado a medalla de Ouro do Concello de Rianxo

Rianxo homenaxeará a Ramón Iglesias, o ‘Xixí’, o que durante 40 anos presidiu a comisión de Festas da Guadalupe, entregándolle a primeira Medalla de Ouro do Concello. Será nun pleno extraordinario que se celebrará este vindeiro sábado, coincidindo ademais coas celebracións das festas.

A Retorta acolle este sábado o Campionato Galego de Remo de Mar

Boiro acolle este vindeiro sábado o Campionato Galego de Remo de Mar. Organizado polo Club de Remo Cabo da Cruz e a Federación Galega de Remo coa colaboración do Concello, a proba reunirá a uns trescentos deportistas dende alevíns ata veteranos nas categorías C-1, C-2 e C-3.

REDES SOCIAIS

40,723FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete