A Aula Mentor ampliará a oferta formativa para os boirenses

BOIRO> O concello de Boiro pon en marcha o programa Aula Mentor no Centro Social. Trátase dunha iniciativa para a formación a distancia que permitirá á cidadanía adquirir novas competencias e ampliar coñecementos.

Os boirenses interesados en mellorar a súa capacitación profesional, ampliar os seus coñecemento ou adquirir novas competencias teñen oportunidade de facelo a través da Aula Mentor que o concello vén de poñer en marcha no centro social. O programa ofrece un amplo catálogo de cursos en diferentes áreas formativos e total flexibilidade para favorecer a súa realización.

Os interesados en matriculares nalgunha das accións formativas poden solicitar máis información no propio centro social. O prezo é de 48 euros e a duración aproximada de dous meses. Os alumnos disporán dunha plataforma virtual con acceso ós materiais de estudo, actividades e recursos adicionais así como servizo de asesoramento e titorías individualizadas.

O horario de atención será os martes de dez a dúas e media e de tres a sete e os mércores tan só en horario de mañá.