BOIRO> A Policía Local de Boiro conta dende hoxe cun novo vehículo patrulla.
O vehículo é máis eficiente e está mellor equipado. Dispón de etiqueta ECO e inclúe ademais dun dron con cámara térmica, un kit medioambiental específico para realizar analíticas sobre o terreo.
Segundo explicou o rexedor a incorporación deste coche patrulla, que se fai efectiva grazas a unha subvención da Xunta de Galicia, a través do Fondo de Compensación Ambiental, era unha necesidade de cara a ir renovando a flota de vehículos policiais.
Pero ademais do coche patrulla, o Concello vén de incorporar tamén ó seu parque móbil outro novo vehículo, neste caso 100% eléctrico que será destinado especificamente á recollida de residuos orgánicos.
A súa adquisición foi posible tamén grazas a unha achega de máis de 73 mil euros da Xunta de Galicia.











