Cinco propostas integran o Festival Internacional de Teatro Amador que se celebrará en Ribeira

Ribeira será sede este ano do Festival Internacional de Teatro Amador de Galicia. Cinco funcións, que se representarán ata o 16 de novembro no auditorio, compoñen o cartel desta mostra promovida pola Federación de Teatro Afeccionada de Galicia FETEAGAL.

Ribeira promove a formación en IA e outras ferramentas dixitais a través da Aula...

A Aula CeMit de Ribeira arranca o outono con novas propostas formativas. Durante o mes de outubro realizaranse varios cursos de informática básica mentres que as actividades de novembro van dirixidas a un público cun nivel medio-avanzado no manexo de ferramentas dixitais.

As ANPAS do Barbanza continúan coas mobilizacións contra os recortes

A ANPA do CEIP ANA María Diéguez de Asados concentrouse esta mañá ás portas do centro coincidindo coa comparecencia do Conselleiro de Educación do Parlamento. Tamén unha representación da ANPA do Grupo de Ribeira desprazouse ata o Pazo do Hórreo para que os representantes autonómicos escoiten as súas reivindicación.

O BNG de Boiro insta ó goberno a iniciar os trámites para a renovación...

O BNG de Boiro volve reclamar a mellora integral do campo da Lomba en Bealo. Lembran os nacionalistas que o pleno acordou por unanimidade dotar a esta instalación de superficie de herba. A moción aprobouse en abril pero aínda non se iniciou o procedemento.

As obras da futura residencia de AMICOS estarán rematadas a mediados de 2026

AMICOS agarda rematar as obras da nova residencia a mediados do ano que vén. A directora Xeral de Discapacidade visitou esta mañá os traballos do novo módulo que disporá de 26 habitacións individuais.

O concello de Ribeira ofertará visitas guiadas a Sálvora durante o mes de outubro

O concello de Ribeira ofertará visitas guiadas a Sálvora durante tódalas fins de semana de outubro. o obxectivo deste programa é dar a coñecer o amplo patrimonio histórico e cultural da illa e contribuír á desestacionalización da oferta turística.

Guille segue sen poder ir a clase con normalidade pola falla dun coidador

A pesar do compromiso adquirido pola Xunta, o IES Campo de San Alberto segue sen contar con coidador para Guille. Este alumno, con discapacidade superior ó 80 por cento, tan só conta con este recursos dúas horas ó día posto que está compartido co CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso.

O BNG de Noia respalda á comunidade educativa fronte os recortes

Ademais de denunciar os recortes no Parlamento, o BNG de Noia levará a pleno a aprobación dunha declaración institucional para reclamar á Xunta a dotación de persoal suficiente nos centros afectados.

MIles de devotos volven renderse ó Nazareno

A Pobra viviu este domingo o día grande das Festas do Nazareno coa tradicional procesión das Mortallas. Un ano máis a cita foi multitudinaria congregando a máis de 16 mil persoas atraídas pola singularidade desta tradición relixiosa.

Maís de 500 deportistas competirán nas 15 categorías da Carreira Popular de Santa Uxía

Uns 500 corredores daranse cita este sábado na Carreira Popular Santa Uxía en Ribeira. A proba disputarase este sábado na zona do Malecón e dará cabida a 15 categorías distintas.

REDES SOCIAIS

40,731FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete