Cruz Vermella e o concello de Boiro organizan un magosto interxeracional

BOIRO> O concello de Boiro e a asemblea local da Cruz Vermella colaboran na celebración dun magosto popular o sábado 15 de novembro. Ademais da participación dos usuarios dos obradoiros que desenvolve a entidade, o evento está aberto a toda a cidadanía.

Con motivo da conmemoración dos 25 anos dos Talleres de Memoria, a asemblea local da Cruz Vermella está a desenvolver unha serie de actos de celebración. Un deles é o Magosto previsto para o sábado día 15 de novembro, en colaboración  do concello.

O magosto desenvolverase xa dende as dez da mañá coa apertura do mercado ecolóxico que dará paso á actuación do Mago Teto e unha sesión vermú. Tralo xantar popular desenvolverase un roteiro polo camiño vello e a partir das cinco e media comezará a a degustación de castañas asadas e foliada.

Este evento festivo pretende ir máis aló converténdose nun encontro interxeracional a través dunha xornada lúdica na que se porá en valor o traballo comunitario desenvolvido pola Cruz Vermella ó longo destes anos.