O Ballet Clásico Internacional ofrecerá dous espectáculos en Ribeira este Nadal

RIBEIRA> O Grupo Fercosti, en colaboración coa concellería de Cultura, é a entidade promotora destes dous espectáculos do Ballet Clásico Internacional que se poderán ver este Nadal no novo auditorio municipal.

Será os días 6 e 7 de xaneiro. Trátase por unha banda da obra ‘El Lago de los Cisnes’ e por outra, ‘El Cascanueces’.

Os dous espectáculos do máximo nivel do mundo da danza están producidos por Tatiana Solovieva.

As entradas para os dous espectáculos, sairán a venda o vindeiro luns, a un prezo de 35 euros máis gastos de xestión en ataquilla.es, e de xeito presencial na Oficina de Atención Cidadá do Concello.