Rianxo avanza en servizos básicos con obras orzamentadas nuns 800 mil euros

RIANXO> Unha das actuacións xa adxudicadas, é a segunda fase do proxecto de ampliación da rede municipal de abastecemento de auga, así como da rede de saneamento, no núcleo de Vilas, na parroquia de Asados.

O orzamento desta importante obra, que dará servizo a unhas 14 vivendas, ascende a preto de 195 mil euros.

Hai uns días tamén adxudicaban o proxecto de ampliación das redes de abastecemento de auga e saneamento nos núcleos de Or e Meiquiz, na parroquia de Leiro e vaise licitar en breve doutra actuación para ampliar a rede de abastecemento de auga entre Corques e Outeiro, na parroquia de Taragoña.

Dende o goberno local informouse tamén de que se deu luz verde tamén a outro importante proxecto para a ampliación de redes de abastecemento e saneamento no lugar de Vilanustre , na parroquia de Asados, cun orzamento de preto dos 200 mil euros.

En definitiva, actuacións importantes de cara a mellora de servizos básicos, que supoñen un orzamento moi elevado, cun investimento total de preto de 800 mil euros.