A POBRA> O Centro de Recollida de Animais da Pobra conta cun novo módulo dotado con seis gateiras. A ampliación das instalacións, xestionadas pola protectora Moura, foi posible grazas ó Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.
O compromiso do concello da Pobra co benestar animal queda patente, unha vez máis, coa aposta polo Centro de Recollida de Animais. Trala súa posta en marcha, o concello vén de acometer agora a ampliación das instalacións cun novo módulo para gatos. A ampliación do centro foi posible grazas a un investimento próximo ós 50.000 euros con cargo ó Fondo de Compensación Ambiental.
Ademais desta axuda ó concello da Pobra o Fondo de Compensación ambiental da Xunta chegou, nesta convocatoria, a dez concellos do Barbanza ós que destinou máis de medio millón de euros na liña de subvencións non competitivas.
Na súa visita ás instalacións, tanto a delegada territorial como o alcalde, quixeron agradecer o labor da protectora Moura, encargada da xestión do servizo.











