O PP de Boiro esixe a rebaixa do IBI

BOIRO> O PP de Boiro carga de novo contra o equipo de goberno para reclamar a rebaixa do Imposto de Bens Inmobles, o coñecido coma IBI, tanto de rústica coma de urbana, devolvéndoos ó seu nivel máis baixo, o 0’4%, despois da suba realizada o pasado ano.

Os populares seguen a insistir que se trata dun abuso para os veciños, que viven unha situación insostible polo aumento da presión fiscal.

Para o PP, o goberno municipal, pretende agochar con esta suba de impostos a deficiente situación económica das arcas municipais.