Previa homenaxe militares falecidos da Brilat

    Familiares dos militares da Brilat falecidos en Afganistán asistirán este venres á homenaxe que lle brindan varios colectivos da cidade de Pontevedra. Así o confirmou hoxe a comisión organizadora, tras recibir a autorización da xunta central de defensa.

    A homenaxe celebrarase ante o monumento ó soldado na Avenida de Montero Ríos e nela desfilarán efectivos da compañía de infantería, á que pertenencían os militares falecidos. Ás doce menos vinte da mañá entrará a compañía de honores e ó mediodía iniciarase a Ofrenda Floral, na que participarán representantes dunha vintena de colectivos da cidade. Tras unha salva de fusilería e restablecida a formación militar, un portavoz cidadán fará unha alocución.

    Seguidamente, entregarase unha placa de bronce á Brilat coa inscripción ós militares falecidos en acto de servizo en Afganistán. O acto rematará no vestíbulo da Deputación, onde se inaugurará unha exposición fotográfica sobre a historia militar de Pontevedra. A mostra recolle ata o domingo 200 instantáneas de reclutas tomadas entre 1970 e 1985, ademais de imaxes de 300 militares ilustres de Pontevedra. No transcurso da homenaxe confeccionarase unha bandeira de España de doce por tres metros con 14.000 claveis, para por de manifesto o cariño de Pontevedra á Brilat nos seus 105 anos de historia.