A empresa Nemesio Ordoñez realizará a reforma do Cine Elma

    POBRA> O comezo dos traballos producirase á volta das vacacións de Semana Santa. Despois de moitos anos agardando, o executivo probrense verá cumprido un dos seus maiores anceios, a reforma integral do Cine Elma. A mellora será posible grazas á Deputación da Coruña, que no seu día comprou o inmoble ó seus antigos propietarios, para cederllo posteriormente ó concello. Ademais será a propia institución provincial que sufrague agora a totalidade dos traballos de mellora do edificio, cuxa primeira fase superará os 200 mil euros. A actuación, que será realizada pola empresa Nemesio Ordóñez, iniciarase á volta das vacacións de Semana Santa. A mellora do inmoble suporá a súa transformación completa, para adaptalo ós novos tempos e mellorara a súa capacidade e funcionalidade, convertindo nun gran teatro no que desenvolver diferentes espectáculos. Cómpre sinalar ademais que esta era unha das carencias actuais do concello pobrense, ó non dispor dun auditorio cun amplo aforo no que desenvolver determinados tipo de actos.